Ir al contenido principal

Fotos da excursión a Bóveda

 


Hoxe, día 4 de abril, os dous quintos fomos visitar varios lugares dentro do concello de Bóveda:

- Á primeira hora, o viveiro Os Trollos, onde X. Mariño nos mostrou a aula forestal con información referida ás sementes e ás variedades de árbores, mapas e miniaturas da zona, pesca e caza, usos da madeira, cogomelos, etc.
- Despois diso fomos a Ribas Pequenas, a un dos poucos muíños de auga que aínda funcionan. Alí puidemos comprobar o seu funcionamento (grazas aos donos do muíño) e así ampliar os nosos coñecementos sobre o aprendido sobre os artesáns (proxecto da biblioteca).
- Xa á hora da merenda de media mañá subimos ao novo mirador, no Alto do Couto, onde buscabamos completar o estudado sobre os concellos, xa que desde este mirador se poden ver ata 17 municipios. Ademáis tivemos moita sorte, xa que puidemos obter información moi interesante da man do alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e da arquitecta  que deseñou este mirador, Consuelo Rodríguez, a quen tivemos a oportunidade de preguntar sobre dita estrutura. 
- Para finalizar, realizamos unha actividade en inglés: Easter egg hunt, a clásica búsqueda de ovos, na que participaron activamente os dous grupos encargados de esconder ou buscar. 



































































Comentarios

Entradas populares de este blog

Fotos variadas: excursión a Santiago, Samaín, compadres, Nadal, etc.

 

Proxectos sobre o universo. Moi orgullosos das súas presentacións!