O xoves 26 de maio fomos de visita ao Planetario da Pinguela, e de paso aproveitamos para unhas breves explicacións sobre as árbores que fomos atopando á beira do río e tamén sobre o patrimonio cultural da nosa cidade. Paramos a debuxar a Ponte Vella e a escoitar algúns detalles sobre a súa construción. Cando chegamos ao IES A Pinguela estaban para recibirnos Enrique Sampil, Javier Rodríguez (director e vicedirector) e, por suposto, Matías Vázquez, o mestre de quen o Planetario recibe o seu nome e quen nos introduciu nos entresillos do universo. Á volta fixemos unha parada no parque a xogar e merendar. 😎